martes, 21 de diciembre de 2010

Entrada final. Avaliación da realidade TIC do centro.

Atendendo ó comentado na entrada final, prefiro dar por rematado este blog de seguimento a día de hoxe mediante un comentario dacordo coa miña apreciación e vivencia sobre a integración das TIC no centro no que realicei as prácticas.
¿E qué podo dicir? O balance de integración considéroo sen dúbida máis que positivo. Creo que é exemplar a preocupación pola actualización dos recursos que se empregan no centro educativo máis aló dun simple acordo firmado nun papel. Para achegar o cambio hai que achegar iniciativas e feitos, e nisto o equipo TIC do centro está desempeñando un papel envexable. A Escola ten unha difícil antinomia que resolver entre a súa labor socializadora e a súa labor educativa, e a introducción das TICs supón achegar eses dous factores de incidencia. Así se entendeu e dende ahí se está a traballar procurando mellorar a cada paso sobre o xa aprendido. Ademáis, tamén compre sinalar a forma de facelo: nunha sociedade na que as persoas semellan ter unha identidade vendible, onde se aqueixa cada vez máis o individaulismo de productos para a galería, e onde a información se manipula fácilmente, é preciso educar para impedi-la deshumanización que se poida dar relativa ao uso das nts. Nós somos usuarios habituais, ao igual que os nenos (que cada vez se inician de forma máis prematura), polo que nesa búsqueda de campos de interese non podemos deixar este tema como tabú, e iso conséguese loitando dende a baixo tomándoo como un recurso habitual.
Polo tanto, as miñas felicitacións e os meus ánimos para que este gran ritmo non decaia. Poder realizar as prácticas nun centro así e no que tiven tan boa acollida que me fixo sentir como un máis do equipo, permitiume dar un pasiño máis na experiencia e vivencia tecnolóxica de cara a un futuro profesional que agarda por unha forza de cambio coma esta.

As TICs e a vida no centro. Actividades de Nadal II.

Xa metidos de cheo na última semana lectiva, as sesións tornanse case por completo nunha preparación de cara ás actuacións do festival, especialmente na A.C. de inglés. De feito, este ano traballáronse cancións en grupo con partes en inglés (como Wavin' flags) provintes da repercusión que acadou o Mundial de fútbol. Tamén se estivo a preparar unha panxoliña de Nadal integramente en inglés para os alumnos do 2º e 3º ciclo de EP, chamada "I saw three ships" (http://www.youtube.com/watch?v=C5LROczmJHg).
Todas estas e máis actividades que se están a realizar xa se subiron á web do centro, polo que podedes aproveitar o link que deixei nunha entrada anterior para botarlles unha ollada.
Como posiblemente mañán me sexa imposible compartir o relacionado co festival, aproveito para decirvos cómo se está a preparar o escenario e cal é a planificación no relacionado coas TICs.
Para comezar, todos os contidos musicais están sacados da fonte youtube e foron modificados con programas de Nero Wave Editor e W. Movie Maker (para cuxa utilización houbera un cursillo ofrecido polo equipo TIC a mediados de Febreiro deste ano) para adecualos ós ritmos-facilidades-preferencias dos alumnos. Os sons trátanse dende un potente equipo mezclador de sons ó que se conecta o ordenador, e que se sitúa agochado tras unha cortina do salón de actos a carón do escenario. No propio escenario sitúase ao fondo unha pantaia onde se proxectan escenario feitos con Paint polos alumnos e profesores correspondentes ás obras de teatro que se han realizar e tamén das cancións, por exemplo: no waka waka de tráfico fíxose un elaborado escenario relacionado coas autoestradas, onde aparecen sinais, conos, e outros elementos ós que se alude dalgunha maneira na propia canción, sen que isto impida ou contradiga á realización de sinais de cartón como a se STOP ou límite a 40.
Para ensaiar a nivel de aula cando non se dispón do salón de actos, aprovéitanse as propias pantaias ou no seu defecto equipos de reproducción, ou incluso (máis frecuente aínda, especialmente cando se empezaron a preparar) na aula de informática.
Mañán saberemos o producto final. Será un festival guiado por unha video presentación na que aparecerá o material tratado no último curso ofrecido polo equipo TIC (proxecto anteriormente aludido) sobre o tratamento de vídeos, no que se recopila un resumo desta 1ª EV en actividades desta índole (Magosto, Xornadas, Camiño, etc...), para todos os niveis. Será sen dúbida un festival para lembrar, e que se incluira no collage de videos que se está comezando a facer. Unha boa forma de despedir as prácticas e o ano.

viernes, 17 de diciembre de 2010

As TICs e a vida no centro. Actividades de Nadal.

Xa que agora é o recreo, sigo inspirado e lles demos (ou nos deron) unha tregua os alumnos no tocante á preparación do festival do vindeiro día 22, aproveito para facer un breve comentario das actividades que se están a realizar sobre isto en relación ás TICs, así como a posta a punto para ese "gran día".
Nestas últimas semanas, á par de actividades manuais que se adoitan propoñer aos nenos, tamén se realizaron unha serie de actividades interactivas en relación ao tema, as cales se realizaron na aula TIC e na bilblioteca preferentemente.
Na aula TIC escolléronse uns programas (eu só tiven a oportunidade de traballar cos de inglés) con xogos varios de páxinas como British Council, Clever Kids... e algúns programas predeterminados, nos niveis de 1º e 2º ciclo de EP. En canto á EI, as actividades foron case por completo de tipo artístico-manual, pero coa diferencia de que se lles fixo unha exploración guiada pola aplicación Paint en 5 anos, o cal me parece especialmente interesante xa que a realidade TIC cobra deste xeito unha continuidade coa vida diaria nas clases. Xa no que respecta ao 3º ciclo de EP, son os encargados de axudar á confección do festival, polo que aparte dalgunha que outra activade que se lles está a introducir na hora de informática semellante as antes mencionadas e cunha continuidade co que se viña facendo (por exemplo, lectura dunha edición virtual dunhas historias de Nadal que logo tiñan que expoñer na clase usando a ferramenta PPt (previamente explicada e traballada) con un máximo de 5 diapositivas.
De todas formas, o verdadeiro peso reside no festival. Na súa organización e coordinación estanse a poñer a punto varias ferramentas. ¿Cales son? Teredes que esperar á próxima entrada.

As TICs nas aulas. Recursos nas aulas ordinarias.

Neste apartado, que estou aproveitando para editar na hora libre, comentarei a integración das tecnoloxías ás que estamos a facer referencia nas aulas de E. Infantil, E. Primaria, incluíndo AL-PT e o ximnasio.
Quero comezar decindo que todas as aulas do centro onde se imparten clases (excepto as de informática, laboratorio de idiomas, música e a biblioteca) posúen ventanais a ambos lados, cousa que me resultou bastante peculiar. Polo tanto, o espazo para colgar cousas vése un pouco reducido á parede que lle daría espaldas aos alumnos (onde está a porta e os armarios) ou ben directamente á frontal onde están as pizarras e outros compartimentos que axudan a aproveita-lo espazo para facelo máis rendible.
As aulas de infantil, situadas na planta baixa do edificio, posúen dun espazo de corcho no chan no que se realizan actividades relacionadas co movemento. Este espazo poténciase colocando unha pantaia desplegábel onde se proxectan imaxes cun canón realcionadas con bailes, xogos que se poidan facer na aula e algunhas explicacións. Os alumnos de infantil, como xa dixera, explotan as TICs máis dende a aula de informatica que dende a propia, dado que esta ten un EDI fixo, mentres que só hai un EDI para as 6 aulas de infantil e 1 de E.P. que tamén hai nesa planta, e polo tanto tense que rotar periódicamente, polo que cando non toca aprovéitase a aula TIC.
Na planta baixa tamén hai unha aula compartida e separada con tabicación para AL e PT. Ese espazo adóitase aproveitar para desenvolver actividades extraescolares de PROA (Programa de Reforzo e Orientación Académica, desinado a alumnos do 3º ciclo de EP para axudarlles a mellorar nos estudos, como si se tratase dun apoio a nivel particular, pero grupista). Dispoñen dunha serie de recursos multimedia pero aínda non teñen un espazo suficiente para un EDI. O que si teñen é un proxector e unha pantaia como no caso de EI, ainda que non se soe usar debido á finalidade das clases que alí se desenvolven.
As aulas de EP, situadas no 2º e 3º andar (coa excepción de 1ºA, que está na PB), dispoñen en 5º e 6º duns recursos semellantes a infantil. Nos outros niveis aínda se están a instalar debido a que aínda se comezou coas instalcións fai catro cursos e todos sabemos o que pode tardar o proceso. Nestos niveis úsase o EDI da biblioteca- lab. idiomas e o da aula TIC. Ademais, en 5º e 6º inclúese unha hora semanal de asistencia á aual de informática, comos e de una asignatura se tratase, na que se traballan os recursos da rede: búsqueda determinada e segura, exploración de páxinas web, lectura de edicións virtuais e e-books (esto último porque xusto lles coincide esa hora coa hora na que se dedica en todo o colexio 20 min de lectura), coincienciación sobre as redes sociais, actividades relacioandas coas u.d. que se desenvolven nas materias ordinarias, etc...
Para finalizar, comento brevemente que o colexio dispón de un pavillón do concello e un ximnasio propio. No pavillón fora onde se realizaran as xornadas que comentara nunha entrada anterior, como é do concello á dixitalización corre máis a cargo do colexio porque non dispón de instalacións axeitadas, senón de reformas. O ximnasio, construido fai 2 anos (ata daquela o palvillón e o amplísimo patio viñan servindo como tal), xa dispón dunhas instalacións que permiten ter un proxector con pantaia e incluso un EDI, ainda que non hai ningún  instalado, e no caso de necesidade cóllese o da biblioteca.
Como vedes, as instalacións e a loita pola informatización é moi elevada, e estanse a poñer cada ano máis grans de area tanto por parte do persoal como da insistencia subvencional para poder achegarse cada vez máis a ese soño que demanda a nosa sociedade. Un exemplo que dende logo temos que seguir.

martes, 14 de diciembre de 2010

A vida dentro e fóra do centro. Servizo web e ferramentas adicionais.

O noso centro, ao igual que todos, conta cunha páxina web ao servizo de toda a comunidade educativa.
Tamén aproveito para apuntar a preocupación porque día a día esteña actualizada, de feito, poderedes ver algunhos post relacionados con comentarios que fun realizando no blog sobre o Camiño, as Xornadas, etc...
Quizais, o que máis destaca é a pretensión de que sexa unha páxina web feita por/desde os alumnos para que os ususarios sexan principalmente os alumnos. Isto pódese apreciar pola grande cantidade de apartados que figuran na galería e nos apartados da esquerda (que xeralmente conducen a blogs debidamente privatizados) como son Blogoteca, Para nen@s, Actividades...e incluso a aplicación que a biblioteca dispuxo e desde a que se traballa especialemente dende o centro para fins xa comentados en post anteriores deste blog.
Debido á gran cantidade de información elaborada e ao pouco tempo do que dispoño para comentala (de feito isto estouno a facer dende a aula TIC do centro), comentareivos só a aplicación de blogoteca no referente á aula de inglés, por dúas razóns: o feito de ser a miña especialidade e que foi un proxecto que levamos a cabo na elaboración do material para  u.d. no meu grupo no curso de NTs, polo que vos resultará máis familiar:
Trátase dun blog, ó que se accede con clave, e no que se poñen actividades en modo foro para que o alumnado poida facer un seguemento participativo sen atoparse condicionados espacio-temporalmente pola aula. Estanse a conseguir bos resultados en canto á participación que logo repercuten positivamente xa que se lles nota aos nenos maior soltura e espírito participativo logo a nivel de aula, pese a que a realidade de familiarización dos nenos cos programas informáticos é heteroxénea. Podemos atopar material de 1º a 6º de Primaria, dende formatos Power Point ou pdf ata  outros novos que se comezaron a facer dende as reunións do equipo TIC, como xa puiden compobar coa pequena montaxe que se fixo de tres actividades audio-corporais e plásticas realizadas en horario de clase, o que resulta un claro exemplo do comentado noutras entradas sobre a boa acollida que tiveron esas promocións e a implicación que conlevou.

lunes, 13 de diciembre de 2010

As TICs nas aulas. A aula TIC e a biblioteca.

Trátanse de dúas dependencias situadas no edificio anexo ao centro, ao que se accede dende o patio por unha vía cuberta. Están a disposición da comunidade educativa en horario escolar e extraescolar. Ambas dependencias reciben unha grande afluencia e, debido a súa íntegra composición por ferramentas TIC, merecen un apartado especial:
A aula de informática conta con 17 puntos de conexión á rede e 17 ordenadores multimedia. A única pizarra que hai é un EDI e tamén se conta cun proxector conectado a un dos ordenadores. No horario xeral contémplase unha hora semanal fixa para cada un dos cursos do 3º Ciclo de E. Primaria na que se desenvolven actividades de alfabetización informática e para compelmentar o traballo da aula ordinaria nos contidos das diferentes áreas. Nos demais ciclos de Primaria e Infantil a utilización da aula de informática e o emprego de materiais didácticos en soporte informático faise cando o/a titor/a considere oportuno, o que, na realidade cotiá podemos observar que resulta unha actividade moi habitual, especialmente en infantil.
No tocante á biblioteca, comezo destacando o que recentemente recollín do PXA no tocante á solicitude que se lle fixo á UAC fai catro cursos para obter unha conexión independente para a mesma, de tal forma que a gran pretensión sería a de conseguir unha biblioteca independente e que poidesde interconectarse directamente a outras grandes redes que actualmente están limitadas pola intranet. Tamén se dispón de 3 ordenadores, un deles para traballo de administración e os outros dous para uso dos alumnos/as, un EDI e cun canón proxector cuxas imaxes se reflicten directamente sobre o EDI. En casos puntuais, como vimos cando falei do laboratorio de idiomas, o EDI trasládase. A consulta de libros faise ben en presencial ou ben por internet, xa dende a propia aula no caso de non ser un libro de residencia no centro.

As TICs nas aulas. O servizo de rede do centro e obxetivos do equipo TIC.

O centro conta, como xa mencionei anteriormente, cunha intranet xestionada por un ordenador que está funcionado como servidor, con software libre (Linux). Neste equipo centralízanse unha serie de recursos educativos con obxeto de que todo o profesorado que o desexe poida ter un acceso fácil aos mesmos. Está ubicado nun pequeno despacho da zona administrativa para que se poida poñer en funcionamento sen necesidade de recurrir a algunha aula en concreto. Ademais, a Consellería instalou no colexio seis puntos de rede fixa no 3º andar e catro repetidores de rede inalámbrica (dous no 2º andar e outros dous no 3º). Esta rede wi-fi aínda non está operativa porque a UAC non hablitou contrasinais que permitan a súa configuración.
Dende fai varios cursos estase a levar a cabo a informatización das aulas ordinarias equipándoas con ordenadores, canóns e pantaias de proxección, segundo se van dispoñendo de equipos e outros recursos (como EDIs). Os criterios que se seguen para a ubicación e utilización destes recursos contémplanse no plan TIC. Ao longo deste curso, estase a continuar coa dinamización e potenciación das TIC como un recurso máis para o traballo diario na escola, como xa tiven a oportunidade de vir comentando. O equipo TIC, recolle actualemnte no PXA unha serie de obxetivos, dos que sinalo algúns como:
- A elaboración dun protocolo de cooperación con outros departamentos e de utilización das imaxes e vídeos que se fan no centro nas distintas celebracións e actividades para un mellor aproveitamento e potenciación de uso.
- Búsqueda de materiais dende os materiais como proceso de descubrimento e implicación-intervención discente, de forma guiada dende a figura docente.
- Mellorar e converter o servizo web do centro para facer dela unah fonte de recursos e nunha canle comunicativa útil e aberta á comunidade educativa.
- Conseguir superar a barreira da aula de informática como a única que dispón dun medio íntegro nas TIC, abrindo así un ventá cada vez máis ampla desde máis espazos.
- Compromiso coa actualidade: Mantemento e actiualización da intranet e revisóns periódica do plan TIC.

As TICs no "Camiño".

O pasado día 10 de decembro realizouse no centro unha saída conmemorativa do Camiño de Santiago, que supoñía a culminación de dúas semanas adicadas por docentes e alumnos a familiarizarse coa realidade xacobea e realizar actividades ao redor do acontecemento.
Nestas actividades resularon de moita axuda, unha vez máis, as novas tecnoloxías. Para comezar, todo o proceso foi guiado por elas, principalmente referíndonos ás actividades interactivas dende as horas integradas no horario a informática e noutras nas que se habilitou un espazo (Coñecemento do Medio) e tamén dende a Biblioteca, na que, como xa dixera anteriormente, préstase a disposición de docentes para discentes. Tamén se fixeron murais con material recollido da Inernet e traballado dende o blog do centro (o cal comentarei en breve). Esta interactividade perfectamente organizada permitiu unha maior implicación dos alumnos e profesores e un maior dinamismo e expresividade das actividades. Unha boa forma de mesturar ambas vivencias que nos serve de exemplo a todos para seguir confiando e apostando por tal dinamización.

As Tics nas aulas. O laboratorio de idiomas.

Xa que a miña especialidade versa sobre a educación en linguas, quero dedicar un pequeno espazo a comentar a importancia da introducción das TICs a nivel de aula particular de idiomas.
O centro no que me atopo posúe un laboratorio de idiomas no edificio anexo ao mesmo. Trátase dunha aula de características similares ás ordinarias, quizais un pouco máis ampla, na que a disposición das mesas normalmente é individualizada. O profesor/a dispón dun ordenador (dependente da Intranet do centro) dende o que pode dirixir e coordinar os recursos audiovisuais e interactivos que hai. Ao fondo e nos laterais da aula dispóñense unha serie de estantes nos que se clasifican os diversos materiais de uso habitual (flashcards, activity books, diccionarios, películas (xa que contamos con unha TV-DVD, CDs, novelas sinxelas e adaptadas, etc...).
No toncante a os recursos interactivos, á fronte da aula hai unha pizarra máis grande cas ordinarias e un espazo a carón para a pizarra dixital que comparte coa Biblioteca (que se atopa na aula contigua). Tamén hai unha pantaia desplegable onde se proxectan imaxes do ordenador.
O máis destacable e o gran partido que se lle sacan a estes medios (a pesar de que coa pantaia cóntase pouco, porque como xa dixen está compartida e na biblioteca explótase bastante ese recurso, como xa comentarei detidamente en breve) e a grande atención e vinculación que se consegue por parte do alumnado. Creo firmemente en que nunha educación multicultural como supón a educación plurilingüe, ter en conta a realidade e posibilidade tecnolóxica da que dipoñemos tanto docentes como discentes e coa que estamos familiarizados cada vez máis pronto, é un punto básico á hora de dar respostas ás inquietudes e necesidades actuais.

viernes, 10 de diciembre de 2010

As TICs e os docentes. Estratexias formativas na profesión.

E, por fin, tivemos a tan agardada reunión sobre a formación en TICs.
Nesta ocasión, realizouse unha sesión aberta na aula TIC do centro dirixida por un profesor do centro que actualmente está desempeñando funcións na Consellería. Esta sesión dividiuse en dous apartados, que afortunadamente resultan de gran axuda xa que van da man do introducido durante o curso de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación.
Na primeira parte, de 16.15 ata as 17.30, vimos como editar e montar videos cun programa libre e gratuito que seguramente xa coñecérades, chamado Videoespin. Para practicar usáronse as gravacións que se fixeron das celebracións escolares do magosto. A utilidade desta actividade introduciuse aos profesores mediante a toma de conciencia da necesidade de xuntar todo ese tipo de material de video para que asi ocupase menso espacio e fora máis manexable para evitar perdas de información cos anos e tamén como un primeiro paso cara unha video-biblioteca. Como os contidos traballados son privados do centro, simplemente vos recomendo buscar o programa na rede, seravos de grande axuda tanto no presente formativo coma no futuro profesional. Tamén se falou comparativamente con outros programas como o Movie Maker ou aplicacións de Nero.
Na segunda parte, que durou dende as 17.45 ata as 18.45, debateouse sobre estratexias para dinamizar a ferramenta blog que o centro leva utilizando dende 2006, á que prefiro dedicarlle unha entrada a continuación. Volvendo ao tema, dicir que a pretensión desta segunda parte foi axilizar a dinámica blog para facerdela unah ferramenta de consulta amena para os nenos, partindo non só desde hipervínculos a algunhas páxinas que recomendaron senón tamén incentivando a necesidade de creación persoal do profesorado alén dos compoñentes do equipo TIC, mediante aplicacións de audio (Audacity, Nero Wave Editor...), video, outros blogs, páxinas web, etc.
En resumo, foi unah actividade super interesante e que nos deixa unah mensaxe: colaboración e iniciativa como claves da dinamización das TICs.

lunes, 6 de diciembre de 2010

As Tics nas Xornadas de Convivencia

O pasado martes 30 de Novembro tiven a oportunidade de participar na realización das Xornadas de Convivencia Inter-centros que se organizan en colabroación con outras dúas escolas do concello. Nestas xornadas trátase de achegar ós alumnos do 6º curso de E. Primaria dos distintos colexios mediante a realización de xogos e outras actividades lúdicas. En cada trimestre visítase un dos 3 colexios. O centro no que estou, por dispor dunhas mellores intalacións, actúa como anfitrión neste primeiro.
Neste panorama, as Tics cobraron especial importancia como recurso de apoio á organización. Non só polo feito de que a colaboración até aquela data fora vía Internet, senón tamén porque en todas as actividades estaban, dalgunha forma, presentes: música, contabilidade de puntos, vídeo con imaxes do centro como benvida, entre un amplo etcétera. Foron certos detalles que dinamizaron moito a consecución da xornada e que deron expemplo de cómo se poden integrar en calquera contexto cotián.

P.D.: A reunión-curso prevista para o xoves 25 sobre o uso das Tics aplazouse para este xoves 9. Por iso anída non vos puiden adxuntar nin comentar nada ó respecto. De todas formas, estou seguro de que a espera valerá a pena.