lunes, 13 de diciembre de 2010

As TICs no "Camiño".

O pasado día 10 de decembro realizouse no centro unha saída conmemorativa do Camiño de Santiago, que supoñía a culminación de dúas semanas adicadas por docentes e alumnos a familiarizarse coa realidade xacobea e realizar actividades ao redor do acontecemento.
Nestas actividades resularon de moita axuda, unha vez máis, as novas tecnoloxías. Para comezar, todo o proceso foi guiado por elas, principalmente referíndonos ás actividades interactivas dende as horas integradas no horario a informática e noutras nas que se habilitou un espazo (Coñecemento do Medio) e tamén dende a Biblioteca, na que, como xa dixera anteriormente, préstase a disposición de docentes para discentes. Tamén se fixeron murais con material recollido da Inernet e traballado dende o blog do centro (o cal comentarei en breve). Esta interactividade perfectamente organizada permitiu unha maior implicación dos alumnos e profesores e un maior dinamismo e expresividade das actividades. Unha boa forma de mesturar ambas vivencias que nos serve de exemplo a todos para seguir confiando e apostando por tal dinamización.

As Tics nas aulas. O laboratorio de idiomas.

Xa que a miña especialidade versa sobre a educación en linguas, quero dedicar un pequeno espazo a comentar a importancia da introducción das TICs a nivel de aula particular de idiomas.
O centro no que me atopo posúe un laboratorio de idiomas no edificio anexo ao mesmo. Trátase dunha aula de características similares ás ordinarias, quizais un pouco máis ampla, na que a disposición das mesas normalmente é individualizada. O profesor/a dispón dun ordenador (dependente da Intranet do centro) dende o que pode dirixir e coordinar os recursos audiovisuais e interactivos que hai. Ao fondo e nos laterais da aula dispóñense unha serie de estantes nos que se clasifican os diversos materiais de uso habitual (flashcards, activity books, diccionarios, películas (xa que contamos con unha TV-DVD, CDs, novelas sinxelas e adaptadas, etc...).
No toncante a os recursos interactivos, á fronte da aula hai unha pizarra máis grande cas ordinarias e un espazo a carón para a pizarra dixital que comparte coa Biblioteca (que se atopa na aula contigua). Tamén hai unha pantaia desplegable onde se proxectan imaxes do ordenador.
O máis destacable e o gran partido que se lle sacan a estes medios (a pesar de que coa pantaia cóntase pouco, porque como xa dixen está compartida e na biblioteca explótase bastante ese recurso, como xa comentarei detidamente en breve) e a grande atención e vinculación que se consegue por parte do alumnado. Creo firmemente en que nunha educación multicultural como supón a educación plurilingüe, ter en conta a realidade e posibilidade tecnolóxica da que dipoñemos tanto docentes como discentes e coa que estamos familiarizados cada vez máis pronto, é un punto básico á hora de dar respostas ás inquietudes e necesidades actuais.

viernes, 10 de diciembre de 2010

As TICs e os docentes. Estratexias formativas na profesión.

E, por fin, tivemos a tan agardada reunión sobre a formación en TICs.
Nesta ocasión, realizouse unha sesión aberta na aula TIC do centro dirixida por un profesor do centro que actualmente está desempeñando funcións na Consellería. Esta sesión dividiuse en dous apartados, que afortunadamente resultan de gran axuda xa que van da man do introducido durante o curso de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación.
Na primeira parte, de 16.15 ata as 17.30, vimos como editar e montar videos cun programa libre e gratuito que seguramente xa coñecérades, chamado Videoespin. Para practicar usáronse as gravacións que se fixeron das celebracións escolares do magosto. A utilidade desta actividade introduciuse aos profesores mediante a toma de conciencia da necesidade de xuntar todo ese tipo de material de video para que asi ocupase menso espacio e fora máis manexable para evitar perdas de información cos anos e tamén como un primeiro paso cara unha video-biblioteca. Como os contidos traballados son privados do centro, simplemente vos recomendo buscar o programa na rede, seravos de grande axuda tanto no presente formativo coma no futuro profesional. Tamén se falou comparativamente con outros programas como o Movie Maker ou aplicacións de Nero.
Na segunda parte, que durou dende as 17.45 ata as 18.45, debateouse sobre estratexias para dinamizar a ferramenta blog que o centro leva utilizando dende 2006, á que prefiro dedicarlle unha entrada a continuación. Volvendo ao tema, dicir que a pretensión desta segunda parte foi axilizar a dinámica blog para facerdela unah ferramenta de consulta amena para os nenos, partindo non só desde hipervínculos a algunhas páxinas que recomendaron senón tamén incentivando a necesidade de creación persoal do profesorado alén dos compoñentes do equipo TIC, mediante aplicacións de audio (Audacity, Nero Wave Editor...), video, outros blogs, páxinas web, etc.
En resumo, foi unah actividade super interesante e que nos deixa unah mensaxe: colaboración e iniciativa como claves da dinamización das TICs.

lunes, 6 de diciembre de 2010

As Tics nas Xornadas de Convivencia

O pasado martes 30 de Novembro tiven a oportunidade de participar na realización das Xornadas de Convivencia Inter-centros que se organizan en colabroación con outras dúas escolas do concello. Nestas xornadas trátase de achegar ós alumnos do 6º curso de E. Primaria dos distintos colexios mediante a realización de xogos e outras actividades lúdicas. En cada trimestre visítase un dos 3 colexios. O centro no que estou, por dispor dunhas mellores intalacións, actúa como anfitrión neste primeiro.
Neste panorama, as Tics cobraron especial importancia como recurso de apoio á organización. Non só polo feito de que a colaboración até aquela data fora vía Internet, senón tamén porque en todas as actividades estaban, dalgunha forma, presentes: música, contabilidade de puntos, vídeo con imaxes do centro como benvida, entre un amplo etcétera. Foron certos detalles que dinamizaron moito a consecución da xornada e que deron expemplo de cómo se poden integrar en calquera contexto cotián.

P.D.: A reunión-curso prevista para o xoves 25 sobre o uso das Tics aplazouse para este xoves 9. Por iso anída non vos puiden adxuntar nin comentar nada ó respecto. De todas formas, estou seguro de que a espera valerá a pena.

lunes, 22 de noviembre de 2010

As Tics e os docentes.

Aproveito para abrir tamén esta segunda modalidade de entrada, na que falarei dos proxectos nos que participa o persoal docente e os equipos de dinamización adicados ao uso das Tics no centro.
Precisamente hoxe, que me acabo de incorporar ó centro, pasáronlles unha circular aos profesores invitándoos o próximo xoves 25 a participar nun pequeno cursillo de dúas horas sobre o emprego dunha serie de  programas que se poderían empregar nas aulas.
Como eu tiven a sorte, para sorpresa miña, de ser invitado polos propios profesores a participar nel, podereivos contar de qué se trata e intentarei subir algunha aplicación ou referencia ao respecto para que os interesados o poidades ver en detalle. Non se trata dun proxecto/iniciativa privada, polo que teño entendido tamén acudirán a  outros centros, De todas formas, pedirei consentimento para publicalo.
¡Un saúdo!

As Tics e os alumnos.

¡Hola!
Primeiro de todo, decir que estou gratamente sorprendido do nivel de uso das Tics no centro no que desenvolvo as prácticas. Trátase dun centro de carácter público, que dispón dunha aula de informática especializada á que sacan especial rendemento os de Educación Infantil con programas interactivos que irei comentando conforme vaia avanzando para ver tamén a resposta dos alumnos (xa que hoxe me foi imposible por ser o primeiro día e ter por tanto que facer a sesión máis aberta). En canto ós alumnos de E. Primaria, tamén acuden con regularidade, pero explótase máis o propio recurso que dispoñen as aulas ordinarias (canón proxector con pantaia conectada ao ordenador do profesor/a), onde as actividades interactivas se fan deste xeito en grupo, posibilitando un aprendizaxe por descubrimento conxunto. Tamén se dispoñen doutros recursos, como as pizarras dixitais, que como xa dixen pasarei a analizar máis a fondo conforme o transcurso das clases.
En resumo, a principal virtude que destaco, polo momento, é o grande interese e concentración de atención que se consegue por parte dos alumnos ao utilizar estes recursos, á par do interese do persoal docente por manexar e utilizalos . De feito, nunha das sesións de 5º de Primaria (da A.C. de Inglés) usouse íntegramente o recurso do proxector para facer actividades de repaso do xa visto (xa que coincide que comezarán unha nova unidade mañán), mostrándose bastante participativos os alumnos e axudándose uns a outros a resolver o que se lles plantexaba.