viernes, 10 de diciembre de 2010

As TICs e os docentes. Estratexias formativas na profesión.

E, por fin, tivemos a tan agardada reunión sobre a formación en TICs.
Nesta ocasión, realizouse unha sesión aberta na aula TIC do centro dirixida por un profesor do centro que actualmente está desempeñando funcións na Consellería. Esta sesión dividiuse en dous apartados, que afortunadamente resultan de gran axuda xa que van da man do introducido durante o curso de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación.
Na primeira parte, de 16.15 ata as 17.30, vimos como editar e montar videos cun programa libre e gratuito que seguramente xa coñecérades, chamado Videoespin. Para practicar usáronse as gravacións que se fixeron das celebracións escolares do magosto. A utilidade desta actividade introduciuse aos profesores mediante a toma de conciencia da necesidade de xuntar todo ese tipo de material de video para que asi ocupase menso espacio e fora máis manexable para evitar perdas de información cos anos e tamén como un primeiro paso cara unha video-biblioteca. Como os contidos traballados son privados do centro, simplemente vos recomendo buscar o programa na rede, seravos de grande axuda tanto no presente formativo coma no futuro profesional. Tamén se falou comparativamente con outros programas como o Movie Maker ou aplicacións de Nero.
Na segunda parte, que durou dende as 17.45 ata as 18.45, debateouse sobre estratexias para dinamizar a ferramenta blog que o centro leva utilizando dende 2006, á que prefiro dedicarlle unha entrada a continuación. Volvendo ao tema, dicir que a pretensión desta segunda parte foi axilizar a dinámica blog para facerdela unah ferramenta de consulta amena para os nenos, partindo non só desde hipervínculos a algunhas páxinas que recomendaron senón tamén incentivando a necesidade de creación persoal do profesorado alén dos compoñentes do equipo TIC, mediante aplicacións de audio (Audacity, Nero Wave Editor...), video, outros blogs, páxinas web, etc.
En resumo, foi unah actividade super interesante e que nos deixa unah mensaxe: colaboración e iniciativa como claves da dinamización das TICs.

1 comentario:

  1. Gustaríame engadir a grande audiencia que obtivo a reunión e a satisfacción do profesorado ao saír dela.

    ResponderEliminar