viernes, 17 de diciembre de 2010

As TICs e a vida no centro. Actividades de Nadal.

Xa que agora é o recreo, sigo inspirado e lles demos (ou nos deron) unha tregua os alumnos no tocante á preparación do festival do vindeiro día 22, aproveito para facer un breve comentario das actividades que se están a realizar sobre isto en relación ás TICs, así como a posta a punto para ese "gran día".
Nestas últimas semanas, á par de actividades manuais que se adoitan propoñer aos nenos, tamén se realizaron unha serie de actividades interactivas en relación ao tema, as cales se realizaron na aula TIC e na bilblioteca preferentemente.
Na aula TIC escolléronse uns programas (eu só tiven a oportunidade de traballar cos de inglés) con xogos varios de páxinas como British Council, Clever Kids... e algúns programas predeterminados, nos niveis de 1º e 2º ciclo de EP. En canto á EI, as actividades foron case por completo de tipo artístico-manual, pero coa diferencia de que se lles fixo unha exploración guiada pola aplicación Paint en 5 anos, o cal me parece especialmente interesante xa que a realidade TIC cobra deste xeito unha continuidade coa vida diaria nas clases. Xa no que respecta ao 3º ciclo de EP, son os encargados de axudar á confección do festival, polo que aparte dalgunha que outra activade que se lles está a introducir na hora de informática semellante as antes mencionadas e cunha continuidade co que se viña facendo (por exemplo, lectura dunha edición virtual dunhas historias de Nadal que logo tiñan que expoñer na clase usando a ferramenta PPt (previamente explicada e traballada) con un máximo de 5 diapositivas.
De todas formas, o verdadeiro peso reside no festival. Na súa organización e coordinación estanse a poñer a punto varias ferramentas. ¿Cales son? Teredes que esperar á próxima entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario