lunes, 13 de diciembre de 2010

As TICs nas aulas. A aula TIC e a biblioteca.

Trátanse de dúas dependencias situadas no edificio anexo ao centro, ao que se accede dende o patio por unha vía cuberta. Están a disposición da comunidade educativa en horario escolar e extraescolar. Ambas dependencias reciben unha grande afluencia e, debido a súa íntegra composición por ferramentas TIC, merecen un apartado especial:
A aula de informática conta con 17 puntos de conexión á rede e 17 ordenadores multimedia. A única pizarra que hai é un EDI e tamén se conta cun proxector conectado a un dos ordenadores. No horario xeral contémplase unha hora semanal fixa para cada un dos cursos do 3º Ciclo de E. Primaria na que se desenvolven actividades de alfabetización informática e para compelmentar o traballo da aula ordinaria nos contidos das diferentes áreas. Nos demais ciclos de Primaria e Infantil a utilización da aula de informática e o emprego de materiais didácticos en soporte informático faise cando o/a titor/a considere oportuno, o que, na realidade cotiá podemos observar que resulta unha actividade moi habitual, especialmente en infantil.
No tocante á biblioteca, comezo destacando o que recentemente recollín do PXA no tocante á solicitude que se lle fixo á UAC fai catro cursos para obter unha conexión independente para a mesma, de tal forma que a gran pretensión sería a de conseguir unha biblioteca independente e que poidesde interconectarse directamente a outras grandes redes que actualmente están limitadas pola intranet. Tamén se dispón de 3 ordenadores, un deles para traballo de administración e os outros dous para uso dos alumnos/as, un EDI e cun canón proxector cuxas imaxes se reflicten directamente sobre o EDI. En casos puntuais, como vimos cando falei do laboratorio de idiomas, o EDI trasládase. A consulta de libros faise ben en presencial ou ben por internet, xa dende a propia aula no caso de non ser un libro de residencia no centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario