martes, 21 de diciembre de 2010

Entrada final. Avaliación da realidade TIC do centro.

Atendendo ó comentado na entrada final, prefiro dar por rematado este blog de seguimento a día de hoxe mediante un comentario dacordo coa miña apreciación e vivencia sobre a integración das TIC no centro no que realicei as prácticas.
¿E qué podo dicir? O balance de integración considéroo sen dúbida máis que positivo. Creo que é exemplar a preocupación pola actualización dos recursos que se empregan no centro educativo máis aló dun simple acordo firmado nun papel. Para achegar o cambio hai que achegar iniciativas e feitos, e nisto o equipo TIC do centro está desempeñando un papel envexable. A Escola ten unha difícil antinomia que resolver entre a súa labor socializadora e a súa labor educativa, e a introducción das TICs supón achegar eses dous factores de incidencia. Así se entendeu e dende ahí se está a traballar procurando mellorar a cada paso sobre o xa aprendido. Ademáis, tamén compre sinalar a forma de facelo: nunha sociedade na que as persoas semellan ter unha identidade vendible, onde se aqueixa cada vez máis o individaulismo de productos para a galería, e onde a información se manipula fácilmente, é preciso educar para impedi-la deshumanización que se poida dar relativa ao uso das nts. Nós somos usuarios habituais, ao igual que os nenos (que cada vez se inician de forma máis prematura), polo que nesa búsqueda de campos de interese non podemos deixar este tema como tabú, e iso conséguese loitando dende a baixo tomándoo como un recurso habitual.
Polo tanto, as miñas felicitacións e os meus ánimos para que este gran ritmo non decaia. Poder realizar as prácticas nun centro así e no que tiven tan boa acollida que me fixo sentir como un máis do equipo, permitiume dar un pasiño máis na experiencia e vivencia tecnolóxica de cara a un futuro profesional que agarda por unha forza de cambio coma esta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario